a VoLTa ao SuPeRCoLe

incrible pero certo. o cole regresou á miña vida e aquí está para quedar polo menos dous aniños. a verdade é que en vez de chegar chorando á clase, cheguei cunha ilusión desconcertante... parezo una nena de 8 anos, cando en realidade son a superheroina maior da escola. pero iso non se nota moito, nin pola miña pinta nin pola madurez que precisamente non caracteriza os meus comentarios.

Teño que pedir desculpas. estou agardando a que os de jazztel vaian a glucova a instalar internet, pero non hai xeito. mentres, escribo ás agachadas, cando teño un oco, e de aí a escaseza de publicacións no superblog. creo recordar que ironman traballaba en jazztel, a ver se lle pego un telefonazo e me adianta un pouco o trámite, que non aguanto máis así de incomunicada. seguirei informándovos. Supersaúdos!!

 

http://superglu.blogspot.es/img/cole.jpg 

aS FeSTaS

este domingo, volvemos a Madrid a asinar xa o contrato do noso pisiño. realmente só puiden estar aquí catro días para ir as festas das Dores, na casa dos meus avós, onde toda a familia superheroe o pasamos ben. Comemos como superheroes, e durmimos sestas como superheroes. e nada máis. así que cando rematen, outra paliza de coche e a pensar como decoro a Glucova...

 

Aproveitade estes últimos días de verán!!

 

Preséntovos a miña familia

 

http://superglu.blogspot.es/img/todos.jpg 

a GLuCoVa!!!!

http://superglu.blogspot.es/img/felizzzzz.jpg 

Como cambiou a historia de golpe. Xa temos Glucova. É pequeniña, mona, e barateira. E céntrica. Incrible, estamos contentísimos, e en cinco días xa firmamo o contrato. A continuación un planiño da situación da nosa humilde Glucova, para que vaiades pensando en irnos visitar. Iso si... de dous en dous, por favor. que máis non cabemos :)

 

http://superglu.blogspot.es/img/glucova.jpg 

 

Agora xa nos queda só buscar un sitio onde gardar a Glunave. A ver si temos a mesma sorte jijijijiji

 

SuperSaúdos

PiTuFaNDo

http://superglu.blogspot.es/img/casapitufa.jpg Non teño casa... levo dez días na procura do piso máis bonitiño de Madrid, para poder compartir con SuPeRGéN... e non hai forma. En todo caso, ya baixei as miñas pretensións... xa me da igual que non sexa luminoso, e non me importa que sexa pequeno. Non quero xa mobles de diseño, e non quero tampouco que esta a estrenar... Se non sube do terceiro, tampouco me importa que non teña ascensor. E que as ventás non pechen de todo ben, pódese arranxar cunha estufa do "Carrefur". Pero polo que non estou disposta a pasar e por non ter ventás na habitación, por subir escaleiras para ir a un baño sen paredes, ou por durmir nunha cama sen somier para non tropezar no teito. SuPeRGLú non é especialmente quisquillosa, pero tampouco parva. nononon... Vou ter que seguir buscando... xa vos contarei.

Supersaúdos ;)

 

De NoVo SuPeRGéN

Xa ben sabedes que a vida de superheroe é moi complicada. E que afecta moito as nosas relacións sociais e amorosas. Por iso o mais normal é que nos, os superheroes, atopemos noutro superheroe a persoa que máis nos comprende, nos apoia, e nos axuda a superar momentos difíciles.

Como senón poderíamos superar SuPeRGéN e máis eu as nosas andanzas. Lembro hai agora hai máis de ano e medio cando me dixo que quería vivir comigo, e fixemos a mudanza. A miña inmesa felicidade durou 20 horas, momento exacto no que o destinaron a unha supermision supersegreda en Lugo que duraría catro meses, así que se pode dicir que a nosa convivencia foi tranquila (e pequena).

Aos tres días de acabar a súa supermisión supersegreda en Lugo -eu xa pensaba en como sería a nosa vida xuntiños en Compostela-, ala se me vai de supermisión segreda a Madrid, con duración un ano, probablemente ampliable. E por si fora pouco, lle encargaran para a fines de semana unha supermision supersegreda a tempo parcial en Getafe, así que SuPeRGéN visitou a nosa super glucova de Santiago no Nadal e na ponte da constitución. Nada máis.

En marzo deste ano, marcho eu para Madrid, a cubrir unha supermision supersegreda na capi, da que tantas veces vos teño falado. En abril, remata a súa supermisión supersegreda, e SuPerGéN volve para Santiago e eu quedo alí na procura do meu camiño.

E agora que xa o teño claro, e que vou a proveitar estes dous mesiños que quedan antes de que comece a supermision supersegreda máis importante da miña vida (outra vez en Madrid) rascando a barriga nas plaias galegas, SuPerGén volve a Madrid, onde xa non estou eu, a facer un curso todo o mes de agosto.

Non é mala pata???

Sorte SuPeRGéN, a ver si desta podemos salvar o mundo dos malvados xuntos.

 

http://superglu.blogspot.es/img/besito.jpg 

SuPeRLúa

A diferenza entra Lúa e os demáis nenos, é simple. Lúa é máis guapa, máis lista, máis simpática e máis divertida que os demáis, porque Lúa é unha nova superheroína. E non é unha superheroina calquera... É FILLA DE SUPERMAYTE!! O que lle da máis carisma e mellor caracter.

Lúa naceu o 12 de xullo, creo... e que contar para atrás dáseme moi mal, mentres eu estaba de supermisión en Castellón.

Agora teño que pensar que superpoder lle regalo. Seguro que a superforza xa lla regala seu pai, que é o típico, e a superbeleza, regalaríalla súa nai. Eu voulle regalar... o Superpoder de comer todo o que queira sen engordar, ou o de ter a pel moreniña... calquera deses dous os houbera querido eu para min, seguro que máis adiante estará moi agradecida.

Pois nada Luíña, benvida a este mundo de tolos superheroes, agardo poder coñecerte pronto e ver eses superbiberóns de superproteínas que tomas.

http://superglu.blogspot.es/img/bibe.jpg 

SuPeRMiSióN SuPeRSeGReDa eN SuPeRCaSTeLLóN!!!

Que duro é ser superheroe. Agora que decidira volver a casa uns días para descansar deste stress que supón levar as costas todo o día este mundo de insensatos... ale, unha mision urxente en castellon, en pleno mes de xullo. serán insensatos os xefes... non terian outro ao que mandar ali, coa festa que debe haber, e o calor abafante, e a praia...

 

yupiiiiiiiiiii!!! estou de volta o proximo xoves

SUPERGLU CONGUITO!!!

 

http://superglu.blogspot.es/img/sombrilla.jpg 

SuPeR MaeSTRo

Gracias Supermaestro )que ademasi de ser super é maestro, canta cousa meu Deus!)polos teus comentarios e por estar atento as miñas publicacións nesta supermisión que teño encomendada. Aínda que non podo dar moitas pistas sobre a miña supermisión, porque é superecreta, pero dareite unhas pistas para que poidas seguir o meu camiño e organizar una comida supersecreta na tratoria-cova.

A fin de semana do 5 de xullo teño unha boda de superheroes en Pontevedra, así que eses días andarei polas Galicias, ata o día dez que marcho a Castellón unha semana.

Despois volverei a Santiago vinte días ou así, á espera a que me encomenden a segunda parte da miña misión na capi.

A ver si podemos vernos ese días.

Super saúdos espaciais!!

http://superglu.blogspot.es/img/maletas.jpg 

NoN PoDo Coa euRoCoPa

Non podo máis. É superior aos meus superpoderes e ás miñas superforzas. E mira que a min si me gusta o fútbol... pero non soluciona todos os meus problemas ver partidos todos os días, como tenta facerme creer José Ramón de la Morena.

Quero que remate a Eurocopa e que non volva a comenzar nunca máis. Así poderei ver programas que no se leven a cabo sobre césped verde, poderei escoitar a radio sen que falen de Villa, e poderei durmir polas noites... onte gañou España e debaixo da miña ventana había uns tipos que parecían estar cantando clavelitos.

Non quero poñerme tonta e utilizar os meus superpoderes para acabar con isto. Así que fago un chamamento a quen sexa para que retire a Supercopa do mundo antes de que me enfade. O que avisa...

http://superglu.blogspot.es/img/gol.jpg 

a Mi Me GuSTa La GaSoLiNa...

que raros son os mortais!!!! dende hai un par de días miro pola ventá da miña casiña de Madrid e non vexo máis que xente saindo e entrando no súper... creo que pensan que vau haber unha guerra e que nos imos que meter todos nun bunker ou algo así.

a min o único que me preocupa é o da nave espacial que comprei con SuPeRGéN. consume un montón, e si os mortais contunúan a encher os seus depósitos coma se se fora a acabar o mundo, non poderei encher o meu.

 

están tolos estes mortais...

 

http://superglu.blogspot.es/img/gasolina.jpg 

YuHuuuuu!!! SuPeR SoLLLLLLLLL!!!

http://superglu.blogspot.es/img/sol.jpg

O Sol de Madrid é algo chuleta, leva gafas escuras e o cabelo peinado de "medio lao". Pero sae antes que en Galicia, e iso hai que recoñecerllo. Hoxe non podo escribir moito porque teño que ir a ver como é o sol dos madriles. É sábado, así que deixo aparcada a miña supermisión e marcho con SuPeRGéN de paseo, a ver si o bo tempo acelera a súa recuperación. Yuhuuuuuuuuu!!! Por fin solete!!!!

o CHiSTe DoS SuPeRHeRoeS

Que é un tomate con capa vermella e calzón vermello?

 

SUPERTOMATE!!!

 

E un limón con capa vermella e calzón vermello???

 

....

....

...

.......

...

....

.....

 

UN LIMÓN DISFRAZADO DE SUPERTOMATE!!!

 

(chiste apto só para superheroes, abstenganse vulgares mortais)

 

http://superglu.blogspot.es/img/supertomate.jpg 

 

 

LaS VueLTaS Que Da La ViDa!!!

Que unha persoa descubra un día que ten superpoderes, non significa necesariamente que se teña que converter en superheroe. Os hai que prefiren vivir de xeito sosegado, no anonimato, e traballar de administrativos na procura dunha tranquilidade que xamais atoparían se adicaran a súa vida a loitar contra o mal.

Eu teño un curmán, que vive en Barcelona e que emprega os seus superpoderes cando está solo na casa para achegar coa mente un vaso de auga, ou para abrir a porta do garaxe sen ter que baixar do coche cando chove, pero nada de salvar a cidade condal dos villanos enfundado nun traxe de viva cor.

A decisión de ser ou non ser superheroe, tómase normalmente polos exemplos máis cercanos que tes cando es un superheroe neno. Eu deixeime influir polo meu veciño do segundo, FLaSH, ao que admirei media vida e o  que foi o meu referente durante anos.

 

http://superglu.blogspot.es/img/flash1.jpg

 

Pero os anos pasan e hai que asumir que a xente evoluciona, non sempre cara o destino que nos tiñamos pensado para eles. O meui veciño do segundo xa non é tan famoso como o son agora os Lunnis, ou o Chikilicuatre, e non puido superar tal marxinación.

A min xa me contaran que descoidara a súa imaxe, e que a cousa xa non era a mesma que antes, pero quedei impresionada cando o outro día chegou as miñas mans, este impresionante documento que mostro a continuación. Aviso que pode ferir a sensibilidade dalgunhas persoas... que foi do Flash que eu coñecín...

http://superglu.blogspot.es/img/flash2.jpg 

(Documento cedido por SuPeRMaeSTRo de xeito desinteresado. Gracias por abrirme os ollos a esta dura realidade).

 

Comunícovos, xa que estamos, que SuPeRGéN progresa adecuadamente. Onte incluso rompeu unha parede coa mente, e iso e a proba máis fiable de que a cousa vai mellor. está feito un super-superheroe!!!

 

(AVISO IMPORTANTE: O BOTÓN VERMELLO DA PARTE DEREITA DESTE SUPERBLOG, NON SERVE PARA NADA)

SuPeRGÉN VoLVe a CaSa

http://superglu.blogspot.es/img/patachunga.jpg Como o turrón, pero con grapas. Quince na barriga e varios puntos no pe. Polo menos xa estamos na casa. Que pouco descando hai nos hospitales meu Deus! (pese a iso, eu botei algunha soneca no sofá). SuPeRGéN compartiu habitación con Antonio, un mortal coa vesícula chunga que a piques estivo de descubrir os nosos superpoderes, pero ao que finalmente conseguimos despistar.

Pero por fin estamos fóra, coas super muletas (que non son super porque teñan superpoderes, senón por grandes) e coa tarefa de apañar as curas todas as mañás e volver nuns días a quitar as grapas.

Así que en breve poderei retomar a miña misión en Madrid e agardar alí por SuPeRGéN.

 

 http://superglu.blogspot.es/img/patachunga2.jpg

SuPeRGéN, o ReCoSiDo

Na procura continua de acadar máis e máis superpoderes, todos os superheroes corremos riscos que poden afectar a nosa saúde.

E iso foi máis ou menos o que lle pasou a SuPeRGéN. el quería ser o máis rápido, e a poción que tomou para ter os peciños máis veloces do mundo, lle fixo mal no tobillo. e despois tomou unha medicina que lle deu unha bruxa dos alpes para que lle pasara a dor do pe, e lle fixo mal na barriga. Así que nesta última semana operamos a SuPeRGéN dunha lesion osteocondral de astragalo (¿¿¿???), e dous días despois, dun ataque de apendicitis. Está feito un machote, todo zurcidiño con punto de cruz, na cama do CHUS, e de baixa nas súas misións. Teremos que dárlle un par de meses para que se recupere (nun mortal serían anos) pero pronto estará con nos para loitar contra os villanos.

 

ÁNIMO SUPERGÉN, QUE DESTA NON TE RETIRAMOS.

 

http://superglu.blogspot.es/img/doctor.jpg 

VoYCa-Mi-No-Greee-Ciaaaa

Despois dunhafin de semana de Sing Star concentrado, con recordatorio de cancións anteriores a Cobi incluido, preparo a miña maleta para ir mañá mesmo de misión a Grecia. Quedei alí con SuPeRHeRoPouLuS, que é o mandamáis dos superheroes gregos, e que chamou o outro día á glucova desesperado pedindo axuda para apresar a un malvado villano que quere afundir as isliñas que hai pola zona. Así que fixemos un equipo de superherores de cada unha das zonas de actuación, e mira que casualidade, que nos tocou a toda a familia xunta. SuPeRGLú, o seu irmán, e os seus pais, de misión en Atenas!!!

 

http://superglu.blogspot.es/img/grecia.jpg 

SuPeRGLú é MaioR

e TaN MaioR. eSTou de CuMPLeaNoS e NoN aSiMiLo oS MeuS 27...

a verdade é que nunca me sentara mal cumplir. Non sei se porque aínda teño aquí pouca -pero xenial- xente coa que festexalo, ou porque xa sinto que me fago realmente grandiña, pero este ano non me fai ilusión.

Os meus superpoderes están hoxe algo apagados...

cumpleanos feliz, cumpleanos feliz, desexamoste SuPeRGLú, cumpleanos feliz...

 

http://superglu.blogspot.es/img/vela.jpg 

SuPeRGéN De MiSióN eN SaNTiaGo

Carambolas do destino, SuPeRGéN marcha nunhas horas para Santiago nunha misión de altísimo risco para a que se ten que facer pasar por un deportista de alto nivel cunha lesión osteocondral no tobillo. Agardemos que poida estar aquí de volta pronto, e que a súa misión remate con éxito. Mentres, eu agardareino indo ás miñas clases e coñecendo máis Madriles, aínda que sen a compaña do mellor superheroe do mundo mundial, non será o mesmo.

 

Polo menos quedo tranquila porque se ten tempo e os médicos lle deixan, vai ir mirar como o leva SuperSnorkel, que anda algo chof, e iso non pode ser polo ben do mundo e a loita contra os villanos!! Eu non sei si sería a presión de pasarlle moitos dos meus casos cando eu pedín o traslado. Anímate SuperSnorkel ;)

 

ai... mira que si quedo sen superpoderes por isto de que me marche o rapaz...

 

http://superglu.blogspot.es/img/triste.jpg 

 

MOITA SORTE SUPERGÉN!! ANDA QUE NON VAI NOTAR GALLARDÓN QUE DEIXAS A TÚA PLAZA LIBRE UNS DÍAS!! CANTOS MALOS VAN CHEGAR Á CIDADE NA TÚA AUSENCIA!! ASÍ QUE VOLVE PRONTIÑO....

SuPeRPolo

A moitos lles sorprenderá a noticia que teño que dar neste post xa que SuPeRGLú sempre mostrou grandes dotes e eficiencia nas súas tarefas de protección da humanidade e loita contra os villanos. Pero teño unha carencia que nestes meses tratarei de superar. A cociña.

Non sei cociñar. Unha tortilla, un ovo, pasta... (o da tortilla ten mérito, non??), pero pouco máis. Nada elaborado...

Pero a necesidade é dura, e SuPeRGéN non sae do banco ata as dúas e media da tarde, e marcha de novo ás 4... Agardar por el sería demasiado, e por riba só lle daría tempo a facer unha ensalada...

Así que hoxe, despois dunha semana facendo probas con ensaladillas e salsas raras, saquei forzas de non sei onde, e algún que outro superpoder, e fixen polo. E QUE POLO!!!! Coa súa ceboliña, o seu alliño, as súas pataquiñas, especias que non coñezo pero que estaban alí na cociña... É xenial!! Sei cociñar!! (non sei se estou preparada para pato en prebe de ourizos e mousse de arándanos con crema, pero si para un polo!!!). E ata estaba relativamente bo. Canta cousa nova meu deus.

 

http://superglu.blogspot.es/img/pollo.jpg 

SuPeRGLú eSTuDaNTe...

Definitivamente voume facer pasar por una estudante para realizar a miña misión segreda en Madrid. Inda non sei definitivamente en que me vou matricular, pero xa se está empezando a perfilar a cousa.

Esta mañá tiven unha entrevista nun master que ademais de ser perfecto queda aquí o lado da nosa glucova. digo... da nosa casa. É perfecto para min. Pero non podo cegarme e teño que seguir buscando, non vaia a ser que meta a pata. Estou ilusionadisisisisisisisima coa miña nova vida de estudante!!!

 

http://superglu.blogspot.es/img/estudiando.jpg 

BuRBuLLaS...

Do mellorciño que atopei en Madrid (ademáis de a SuPeRGéN, un oso, e un madroño) esta páxina antistress que polo de agora non me fai falla, pero que en breve será máis que necesaria...

http://www.gustavoguimaraes.com.br/arquivo/images/papelbolha.swf

 

http://superglu.blogspot.es/img/burbuja.jpg 

Que FaGo eN MaDRiD

Aaaaaayyyy!!! Que maliña estou!!! SuPeRGLú tivo que infiltrarse nunha festa onte pola noite e non puido escapar ata as 8 da mañá...  Pero agora que xa recadei a información necesaria para continuar coa miña misión en Madrid, vai cambiar o conto. Este luns (mañá) voume espertar ás 8, e vou patear un pequeno trozo da capi tentando topar algo que ocupe as miñas horas libres, nas que só son unha vulgar mortal que trata de chegar a fin de mes.

Para disimular, decidín compartir piso con SuPeRGéN (yuhu!!), con tres superherores máis -todos de incógnito, claro-, e cunha gata. Coa intención de non chamar a atención, decidimos alquilar un piso humilde, así que no baño non hay luz, a neveira non está "hiperchea", e nunha das habitacións falta un cristal... Pero os veciños xamais sospeitarían dos nosos superpoderes.

 

Tamén vou xogar ao euromillones, pero eu non teño o superpoder de adiviñar cousas. Meu irmán, SuPeRPeLMa, si o ten, pero hai poderes que veñen irremediablemente unidos a unha serie de valores éticos (que por suposto eu non comparto) e non me quere dicir que números van sair o próximo venres.

 

Seguirei informando da miña misión...

 

http://superglu.blogspot.es/img/superglu2.jpg 

 

E por favor, dicídille a Juan, da escola de acceso á universidade de superherores para maiores de 25 anos, que non practique co seu superpoder volador ata que non o teña dominado...

 

http://www.elpais.com/articulo/gente/Rescatado/grua/mismo/hombre/ayer/subio/catedral/Leon/elpepugen/20080406elpepuage_1/Tes

ViViNDo DuRaMeNTe

En Madrid é moi fácil vivir.

Levo aquí 20 horas e xa fun cear fondue a un sitio superchulo e gratis, ainda que ao terminar lle pasaron un papeliño ao meu superpai.

Depois a durmir, como unha pedra. E hoxe estiven baleirando as maletas, e cando decidín descansar xa supervaguix fixera a comida.

E o mellor de todo e que só por vir SuPeRGéN tiña para min un iphone. ale, que quen non vive ben en Madrid é porque non quere jijiji

vinde todos a visitarme que é facilísimo vivir aquí!!!

 

(GRACIÑAS SUPERGÉN. O NOVO XOGUETE É PRECIOSO. E FAI TANTAS COUSAS!!!)

iRReMeDiaBLeMeNTe MaDRiD

E por fin, despois de 14 días de enfermidade, SuPeRGLú marcha a Madrid, a comenzar a súa misión supersegreda de duranción indefinida e éxito pouco seguro.

 

http://superglu.blogspot.es/img/catedral.jpg 

O primeiro e máis importante e facerme cunha identidade segreda que non levante sospeitas na capital. Xa vos direi, dependendo de como vexa a cousa se definitivamente me fago pasar por unha traballadora do Burriquing, se continúo como o meu colega SuperMan metido a xornalista, ou se por contra me fago pasar por una estudante algo maduriña (pero aínda en idade!!). Calquera desas tres opcións é posible.

http://superglu.blogspot.es/img/playa.jpg 

E nada máis, só darvos as grazas a todos, superheroes, que me levades despedindo un mes e non vos librades de min. Todos (os superestradenses, os superanálises, os supercooperantes, os supercolexiales, as supervidales, as superximnastas, superjedis/tratoria, os superindividuais, e todos todos todos!!!) tedes un oco neste blog, e por suposto en Madrid para convidarme a cear un día apiadándovos da miña nova condición de SUPERPOBRE!!!!

http://superglu.blogspot.es/img/xacobeo.jpg Vou botar tanto de menos o cocidiño de mamá...

Seguide atentos, que en canto lle roube internet ao veciño, eivos contar como van as cousas e como vai o desenvolvemento da miña misión segreda en Madrid!!!

 

Bicos a Todos. SuPeRGLú   http://superglu.blogspot.es/img/SuPeRGLu.jpg

oS iNCoNTRoLaBLeS SuPeRPoDeReS De SuPeRGLú!!!

Definitivamente marcho o mércores para comenzar a miña misión en Madrid. Xa leva un retardo de narices, pero máis vale tarde que nunca.

 

Xa estou recuperada, incluso máis delgadiña. Tamén algo paliducha, pero iso ben se tapa cunha gorda capa de "mejunje". E o máis importante: OS MEUS SUPERPODERES ESTÁN MELLOR CA NUNCA!!!!

 

Tantos poderes teño que creo que fixen algo terrible. Non sei se recordades que cando estivemos de misión en Italia quedamos na casa de SuPeRCuÑi. Pois ela acaba de chegar de volta e seica quedaron sen teito no baño. E os últimos en sair desa casa fumos SuPeRGéN e eu. Demo!!! Pois sería ao espirrar, ou pecharíamos a porta con moita forza... Ai!!! agora síntome culpable por non controlar os meus impulsos!!!

 

Terei que mandarlle alá un exército de superheroes para ver si amañan algo... ÁNIMO SUPERCUÑI!!!

 

http://superglu.blogspot.es/img/carpintero.jpg 

 

aPLaZaDa a ViaXe a MaDRiD

SuPeRGLú aplaza a súa viaxe a Madrid. ote, ao señor de bata verde que vin en urxencias non lle pareceu moi boa idea que collera o coche con tanta febre e tantos antibióticos por tomar.

 

Estou débil. máis incluso que ao escoitar o pitido emitido nunha frecuencia de entre 16,5 y 17,5 kiloherzios, cunha potencia de uns 85 decibelios, que se poida percibir a unha distancia máxima de 20 metros, que como xa ben sabedes, fai que perda o coñecemento.

 

Agardo que non pase nada malo estes días pola zona, porque non podo sair a patrullar e teño que estar na casa comendo sopiña todo o día. Xa vos irei informando da miña melloría (ou non)

SuPeRGLú eSTá CaNSa

Non dou curado esta tos. Nin superpoderes nin puñetas, esto non pasa con nada. Levo así dende antes da miña misión en Italia, e non semella que teña moita solución. E por riba a mudanza. Que lata. Pero agora comenza de verdade a conta atrás... Faltan TRES DÍAS!!!

 

http://superglu.blogspot.es/img/mudanza.jpg 

 

 

Saudamos a que posiblemente sexa a nosa última incorporación antes de marchar a Madrid. É o Superheroe máis novo de todos, pero o que máis cualidades ten. Benvido Superdanx!!!

 

http://superglu.blogspot.es/img/superdanx.jpg 

SuPeRGLú Vai VeR a Súa eX-CaSiÑa

aínda non saín da casa e xa non me queda nadiña por recordar da miña erasmus. e por riba, SuPeRCuÑi fai exactamente o mesmiño que facía eu hai catro anos. Sorprendentemente falo italiano (eu pensaba que o pouco que aprendera xa o esquecera, e resulta que sei moito máis do que eu cría).

 

SuPeRGLú vai agora a comer e despois a visitar a súa ex casiña, a ver quen vive nela, e a mirar pola fiestra como entón facían os do hotel que tiñamos ó lado

 

http://superglu.blogspot.es/img/bologna.jpg 

SuPeRGLú De MiSióN eN iTaLia

http://superglu.blogspot.es/img/bolo.jpg  Pois si, aquí andamos, en Bologna, catro anos despois. A verdade é que creo que está todo como sempre. E digo creo, porque polo de agora non me deu moito tempo a mirar ben, xa que pillei unha catarreira tremenda e prefiro quedar na cama esta tarde, e xa mañá volver a pasear baixo os soportais desta fermosa cidade.

 

SuPeRGéN e SuPeRCuÑi andan por aí de paseo, que envexa, mentres eu admiro os efectos do Frenadol. E no paro. Ai! Cantas cousas me pasan meu Deus!!

GReTa, a SuPeRTaRTaRuGa!!

http://superglu.blogspot.es/img/tortu.jpg     Hoxe SuPeRGLú deixa o seu traballo para marchar á capi a salvar o mundo dos villanos a tempo completo. Só queda media horiña do traballo de personaxe real, e teño que recoñecer que me estou a poñer algo nerviosa...

 

As superheroinas non sempre estamos seguras de nos mesmas. Temos dúbidas: nunca sabemos si chegaremos a tempo para deter ao villano, ou se seremos fortes dabondo para aguantar a ponte que está a punto de derribar o tornado (esa é unha historia que me pasou a semana pasada e que xa vos contarei).

 

Pero agora na miña nova aventura teño a Greta, un bichiño moi mono que me compraron as miñas supercompañeiras da superoficina e que levarei comigo baixo o brazo para a capi. É unha tartaruga. perdón... unha SUPERTARTARUGA, e me vai facer moita compaña cando estea sola. iremos xuntas ó Retiro, eu a ler un libriño e ela a chapotear na auga. e despois xa a secarei co secador ó chegar a casa. GRACIÑAS A TODAS!!! SOLETES!!

 

 

a MuLLeR Que QueDou PeGaDa No BaÑo

http://superglu.blogspot.es/img/bano.jpg Hai dous anos recibín unha chamada moi rara dende unha casiña de Ness City, en Kansas. Era un home que estaba algo preocupado pola súa moza, e xa chamara a todos os superheroes que lle pillaban preto, pero non quixeron ir a axudalo. Parece ser que Batman lle dixo que el coñecía a unha superheroína galega que se dedicaba a casos estranos e que o mellor lle podía axudar, e lle deu a miña superdirección superpostal (que é similar a dirección postal de toda a vida, pero funciona de xeito inmediato, grazas aos superpoderes), e o tipo se puxo en contacto comigo.

 

Eu xa estaba preparada para ter que deter un meteorito que debería explosionar contra a terra, ou reflotar un barco afundido no Ártico dentro do cal había xente viva por unha estraña casualidade de burbullas de aire nos camarotes.

 

Pero nada, non era nin parecido. O home dicía que a muller quedara atrancada no wc e que agora non a podía sacar, se podía ir a axudala. Típico dos mortais gastar bromas idiotas aos superheroes, coma se non houbera villanos suficientes cos que nos entreter. SuPeRGLú colgou o teléfono e non quixo saber nada máis do tema.

 

Hai uns días, 24 meses despois, recibín a chamada dun tal Bryan Whipple, o alguacil da cidade en cuestión, para pedirme unha dirección de correo electrónico e mandarme un mail por expreso desexo dun home a cuxa moza atoparan en estranas circunstancias.

 

Quixen morrer o abrir o enlace que o alguacil me mandara... é o seguinte: (non deixedes de botarlle un ollo, por favor)

 

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/03/13/00031205389221887911242.htm

 

agora síntome taaaaaaaaaaan culpable... 

a PRiMeiRa aXeNCia De SuPeRHeRoeS!!!

Que importante é a profesionalización do sector!! A dos vendedores, a dos carpinteiros, a dos hosteleiros... e agora tamén chega o paso da profesionalizacion do sector dos superheroes.

 

Eu non me podo dedicar a tempo completo a salvar o mundo, porque non tería de que vivir. Nos meus ratos libres traballo en cousas que me ensinou superman sobre comunicación e medios, pero tampouco creades que me da para moita cousa. Os donativos que me deixan na conta ao meu nome, van solucionando bastante (por certo, a conta está no BANCO SUPER  e o número: 2121 2121 2121 2121 2121 2121 2121 2121. tedes que especificar no asusnto SuPeRGLú, para que o señor banqueiro saiba que vai pra min).

 

Agora que marcho para Madrid, confiarei en que SuperGén roube algo no banco de mortais no que traballa, e así eu poderei dedicarme enteiramente á miña tarefa preferente: a creación da nova axencia de superheroes.

 

O meu primeiro paso é contratar a un analista de mercado, para poder ser a máis heroína de todas as superheroínas. Para iso xa teño a un bolseiro, SuperFranMartínez, ao que lle pago con afecto e ampliando o seu cv, que nos tempos que corren xa é bastante. a súa primeira análise foi de debilidade e fortalezas dos demais superheroes. Como é politólogo, mirade as conclusións que sacou:

 

Spiderman é socialdemócrata

Dardevil, republicano moderado

Superman, comunista

Batman, anarquista

Capitán América, por suposto, de UPyD

    Super López, Partido Humanista

 

é un pouco friki, pero sen dúbida o meu mellor empregado. se alguén máis quere traballar para min gratis, e participar na creación da primeira axencia de superheroes, xa sabedes, mandada cv a superglu@live.es

 

graciñas SuperFranMartínez esta nova vai dedicada a ti jijiji

 

http://www.lavozdegalicia.es/especiales2008/elecciones/2008/03/12/00031205317995566514147.htm

 

 

iSTa, iSTa, iSTa...

A noite máis importante do ano tivo un claro vencedor, e SuPeRGLú non o pode pasar por alto. Nas derradeiras semanas fumos partícipes do seu traballo, do que loitou por estar aí, por evitar abucheos e potenciar os aplausos.

 

Tivo que loitar contra o difícil que é ser o favorito, convencer a todos de que se non había un voto masivo podería perder esta batalla, e lidiar co sector máis rancio e conservador que tantas ganas tiña de enterrar a súa máis que brillante carreira. o noso candidato gañou todas as eleccións ás que se presentou como candidato.

 

E por fin, nesa noite tan máxica, gañou o respeto do país... é o noso campión. só el gañou o dereito a representar a España no glorioso festival de Eurovisión do que tan orgullosos estamos e ao que tantos esforzos nos gusta adicar!!! o gañador é... RODOLFO CHIQUILICUATRE!!

 

http://superglu.blogspot.es/img/rey.jpg 

 

EMMMM... que? non estabamos a falar diso?? Ista, ista, ista...

 

 

http://www.elpais.com/articulo/espana/Zapatero/repite/victoria/fuerza/elpepuesp/20080310elpepunac_1/Tes

 

http://www.elpais.com/articulo/Pantallas/Baila/chikichiki/va/Eurovision/elpepugen/20080310elpepirtv_2/Tes

 

 

http://superglu.blogspot.es/img/kiko.jpg

oNDe VoTa SuPeRGLú??

pois en alcoholicos anonimos... sisi... así como ledes... nin instituto, nin colexio nin nada de nada... alcoholicos anonimos. nunha sala de tres metros cadrados cunha mesa pequecha na que case non cabe a furna...

Eu deixando a miña vida sempre por facer o ben deste mundo, e así mo pagan. pois ei de ir co traxe de traballo, home, para que vexan de verdad o agravio que se está a facer comigo...

e que como as cousas sigan así, non sei eu si terei que acabr por pasarme ó lado escuro... que me provoquen, que verán...

Ostris, con tanto disgusto non pensara que xa non escribirei ata despois das eleccións!! que shock!!!


oS ouTRoS euS

Internet ten moitísimas posibilidades, sobre todo para os que temos que manter unha doble vida e agachar a nosa verdadeira identidade. Pensade que sempre temos que levar a mesma roupa de traballo, e nunca podemos locer os nosos vestidiños nas fotos que nos fan despois de salvar o mundo.

Levamos sempre a cara tapada e cambiamos a voz, poñémola máis ronca para semellar máis fortes e respetables. E cando espertamos ao día seguinte, coa nosa vida normal, no noso pisucho normal, e co pixama normal, xa ninguén nos coñece e non temos a quen ensinarlle como somos realmente.

 

Así que polo menos, emprego a posibilidade que me brinda intenet para crear a miña propia personalidade. Hai milleirios de programas que nos permiten crear unha cousa parecida a nos e empregala sin que no fondo ninguén nos recoñeza. a verdade é que o programiña que empreguei primeiro non é o mellor e non me parezo moito, máis ben nada, pero xa no segundo ata me atopo favorecida e todo. No terbeiro xa saio demasiado mona!! buscarei máis para que xoguedes e me enviedes os vosos "auto-debuxo-retratos" a superglu@live.com

 

http://superglu.blogspot.es/img/miniyo1.jpghttp://superglu.blogspot.es/img/minisouth.jpg http://superglu.blogspot.es/img/miniyo3.jpg

Estes dous os podedes facer. Eu creo que son unha mezcla entre a segunda e a terceira. Nin tan mona como a da diadema, nin tan achaparrada como a do pano verde! podedes probar todos en

http://www.webmarket.es/index.html?module=editorAEV

http://www.sp-studio.de/

http://www.tektek.org/dream/

 

 

 

PeiXeS SuPeRHeRoeS Que SaBeN CoNTaR!!!

Os superheroes non somos perfectos. Hai algúns listos, outros apampanados, uns son altos e guapos, outros son pequenos e feuchos. Uns son simpaticos, e outro ariscos... Coma en todos sitios, cada un é como é, non hai xeito de facelo mellor.

Pero sempre hai algún que é listo, guapo, simpático e marabilloso. E dá moita rabia. Bueno, en todas as especies pasa o mesmo, supoño, e senón, mirade esta noticia...

 

http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=486668&idseccio_PK=1014&h=

 

http://superglu.blogspot.es/img/oscar.jpg 

 

este peixe me lebra a alguén...  quen... ummmm... que non caio... ostras!! pero si é cuspidiño a supertroy!! o superheroe do lume nas mans que se presentou na entrada "os bos amigos de SuPeRGLú". Sisi... é cuspidiño cuspidiño...

oS BoS aMiGoS De SuPeRGLú II

Recordaredes unha entrada con este mesmo nome hai agora máis un menos un mes no que SuPeRGLú presentaba a algúns dos seus amigos superheroes, cos que acostumo a tomar o café no descanso dunha xornada de salvamento de planetas en perigo.

Pois temos novas incorporacións ao equipo de superheroes!!

 

Demos a benvida a SuperFibi!! Un ha superheroína que demais de ter a capacidade de queimar cousas cun raio vermello que lle sae dun ollo, é a que máis borderías di por minuto (creo recordar que a súa marca está en cinco en sesenta sgundos, bordería arriba bordería abaixo) e aproveita a súa capacidade para deixar fritos aos villanos. Un aplauso para SuperFibi!!! (aplaudide, oh, que inda nos vai soltar una bordería)

 

http://superglu.blogspot.es/img/superfibi.jpg 

 

Recordade que podedes presentarvos na páxina enviando a vosa imaxe a superglu@live.com e empregando a máquina creaheroes!! http://www.marvelvc.com.br/Hero/

uN PRoXeCTo De ReCuNCHo LiTeRaRio

Escribir é algo profundamente divertido. Podes dicir o que queiras, gardalo ou facelo público, empregar cores e letras grandes, ou letras negras e pequenas.

 

Ler é tamén unha grandiosa actividade. SuPeRGLú está agora lendo Un Mundo Sin Fin, a segunda parte de Los Pilares de la Tierra, e está tan enganchada que incluso esta mañá (cando tiven que espertar para coller un avión as 4 da mañá), en lugar de vir durmindo, estiven lendo ata chegar a casa (e vos diredes... por que SuPeRGLú vén en avión en lugar de vir voando?? para pasar desapercibida rapaces, pasar desapercibida...)

 

Todo o mundo debería escribir algo de cando en vez, aínda que sexa algo pouco formal, como este blog que con vós comparto (por certo, un saudiño especial para SuPeRSeGuN que fixo unha bonita entrada no seu espazo sobre este humilde mundo superheroe. mil gracias solete!!!)

 

Todo esto para presentarvos un taller literario en internet. Narratopedia:

 

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=271869

 

 

http://superglu.blogspot.es/img/libro.jpg 

 

FELICIDADES SUPERPROSTI. UN SUPERBESAZO DE SUPERHEROINA

SuPeRGLú TeN Que DaR aS GRaCiaS!!

SuPeRGLú pensaba que lebava dous anos e medio perdendo o tempo. Facía a súa vida de incógnito nunha oficina escura e triste na que non pasaban os días, e da que quería escapar máis que beber. Pensaba que foran os peores anos do mundo.

 

Pero o outro día enganaron a SuPeRGLú, levárona a unha misión segreda a un bar en Santiago no que pensaba que só tería que recoller uns papeles, e alí estaban todos, con globos e sorrisos, os meus ex compis, aos que non valorei na súa xuta medida por motivos laborais alleos a eles e a min. Querían despedirse como bos superheores antes da miña marcha a Madrid.

 

Regaláronme un album coas nosas fotos e as nosas ceas de nadal, todos os superheroes da oficina xunto, para que sempre lembre o ben que o pasaba con eles...

 

GRACIAS A TODOS. FOI O MÁIS BONITO QUE PUIDERA MAXINAR. SEMPRE EN DÉBEDA CON VOS. SE PRECISADES CALQUERA COUSA, CHAMADE A SUPERGLÚ

 

http://superglu.blogspot.es/img/sxap.jpg  

SuPeRGLú Coa DeFeNSa DoS aNiMaiS

Non ao maltrato dos animaliños...

 

                                http://superglu.blogspot.es/img/silvestre.jpg 

 

http://www.lavozdegalicia.es/espana/2008/02/27/00031204139629854662142.htm

 

FeLiCiDaDeS SuPeRHeRoeS!!!

http://superglu.blogspot.es/img/nudo.jpg Todo o mundo sabe que Batman estaba colado por Catwoman, aínda que era malisisisisisisisisisisisisisima (eu sempre lle dixen que non me gustaba para el). E Superman por Supergirl. Un pitufo (un calquera) e a pitufina. Spiderman chegou incluso a casar, como o Sr. Increíble coa Sr. Increíble... Pero nada comparado co noso superaniversario!! Felicidades SuPeRGéN 

 

http://superglu.blogspot.es/img/SuPeRGLu.jpg http://superglu.blogspot.es/img/genpeque.jpg

oS BoLSeiRoS Da aCaDeMia De SuPeRHeRoeS

Para chegar a ser un superheroe hai que estudar moito e sacarlle bo partido aos superpoderes cos que un nace. Hai algún que será sempre un eterno becario, e outros que nin a eso chegan...

 

http://superglu.blogspot.es/img/zp.jpg  Xulgade vos mesmos e non me pidades máis comentarios que xa hai dabondo...

 

http://www.elpais.com/videos/gente/debate/guinoles/elpvid/20080226elpepuage_1/Ves/

 

 

Pero a noticia simpática é esta... NON VOS PERDADES ESTE ENLACE!!!

 

http://www.elmundo.es/elmundo/2008/02/26/eleccionesgenerales/1204038065.html

SuPeRGLú Ri DoS PaRDiLLoS!!!! JuaS JuaS!!

O que máis me gusta deste blog é poder demostrar á xente que os superheroes somos polo habitual bastante normais. Todos temos manías (a min non me gusta chamar ao ascensor coa man esquerda), preferencias (un dos meus postres favoritos son os donuts con leite condensada) e aficións (son aficionada a durmir horas e horas e horas e horas...). Vamos, do máis normaliño. http://superglu.blogspot.es/img/naranjito.jpg

 

Por suposto tamén nos gusta ir de cañas os domingos pola tarde a ver o partido que se tercie, pelexar os uns cos outros, e rir do que perde. Pero as veces non fai falla que riamos de ninguén porque eles mesmos rin de si mesmos.

 

http://superglu.blogspot.es/img/oliver.jpg Os superheroes non acostumamos a demostrar en público cales son as nosas preferencias, pero SuPeRGLú vai facer unha excepción deixando claro as súas inclinacións na seguinte noticia...

 

http://www.marca.com/edicion/marca/futbol/1a_division/cronica/es/desarrollo/1093491.html

 

 

oS SuPeRHeRoeS TaMéN RaSCaN a BaRRiGa... PeRo PouCo!!!

Manter a atención no traballo de xeito continuo, non só é case imposible, senón que é prexudicial para a saúde das persoas. De cando en vez hai que desconectar. escribir algo no blog e ir tomar un café, un total de relax de media hora ao día, para poder levar o resto do tempo dun xeito digno.

Consultar un xornal en intenet é algo que funciona moi ben, porque non te sintes culpable. Non é o mesmo perder o tempo aprendendo cousas da actualidade mundial que xogando ao tetris.

 

Iso non quita que haxa cousas que non sepoden facer, e sitios nos que non é apropiado... Vaguear media hora está ben. Nin un minuto máis.

 

http://www.lavozdegalicia.es/espana/2008/02/21/00031203616010179865129.htm

 

http://superglu.blogspot.es/img/pc.jpg 

TiPoLoXía De SuPeRHeRoe

Hai varios tipos de superheroes.

En primeiro lugar estamos os que somos superheroes por algún tipo de circunstancia allea a nos pero que nos convertiu en seres excepcionais: caímos dunha nave espacial, ou temos nai humana e pai extraterrestre, ou mesmamente fumos atravesador por un raio de tritunius cando eramos bebés. Agún día, cando teña tempo vos contarei a miña historia.

 

Outro tipo de superheroes son as persoas que son moi fortes e moi valientes, e cren que son algo neste mundo, pero que non son mái que simples humanos con boas intencións e que acaban normalmente metidos en problemas e ocupando posicións de villanos. Xa se ve que a min non me caen moi alá.

 

E en terceiro lugar están aqueles que son superheroes de xeito máis ben temporal, pois porque contan cunha variña máxica, ou porque toman unha poción, pero cando non teñen axuda externa son humanos normais. Estes aceptan rápido que as veces son vulnerables, e andan con moito máis ollo que os humanos fortes, así que me caen mellor. Entre eles hai uns que me gustan moito, e que beben non sei que cousa que lles da moitísima forza...

 

http://superglu.blogspot.es/img/ast.18.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast.3.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast.5.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast1.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast10.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast11.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast13.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast14.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast15.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast16.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast17.jpg  http://superglu.blogspot.es/img/ast19.jpg  http://superglu.blogspot.es/img/ast20.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast21.jpg  http://superglu.blogspot.es/img/ast6.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast7.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast8.jpg http://superglu.blogspot.es/img/ast9.jpg En xeral son divertidos, e moitas veces quedamos con eles para ir facer o ben por aí adiante. O que pasa é que son tan festeiros, que cando nos sae algo ben o celebran con demasiada enerxía, e acaban facendo algunha que outra falcatruada... e senón, mirade o que fixeron o outro día na Repúblic Checa...

 

http://www.20minutos.es/noticia/352270/0/roban/puente/chequia/

 

 

E o peor, é que agora non o topamos por ningures...   http://superglu.blogspot.es/img/ast4.jpg

SuPeRGLú VoS ReCoMeNDa FaCeR MoiTo DePoRTe!!

SuPeRGLú fai moito deporte. É normal, posto que aínda que é ben certo que teño superpoderes, moitas veces teño que tirar da miña forma física para poder salvar á humanidade de moitas das falcatruadas que fan os villanos.

 

Así que paso moitas horas no ximnasio, pero hai que recoñecer que é unha lata. Que si chegas ata alí cargada coa bolsa, que si ducharse coas chanclas, secarse sobre unha soa perna, saír co pelo mollado e pillar unha gripe... unha lata. Pero o meu soldo humano non me chega para mercar todas as máquinas necesarias e telas no meu pisiño de 30 metros.

 

http://superglu.blogspot.es/img/lucas1.jpg que si facer unha cancha de baloncesto...

http://superglu.blogspot.es/img/lucas2.jpg que si unha pista de tenis...

http://superglu.blogspot.es/img/lucas6.jpg que si brazo "pa'rriba"

http://superglu.blogspot.es/img/lucas7.jpg que si brazo "pa'baixo"

http://superglu.blogspot.es/img/lucas5.jpg resistencia...

 

non... a verdade é que son demasiados gastos para un resultado tan pouco gratificante... http://superglu.blogspot.es/img/lucas3.jpg

 

 

Así que pensando pensando... http://superglu.blogspot.es/img/lucas4.jpg EUREKA!! xa topei a soluión!! Bueno, eu non, os de Nintendo, pero non vos perdde esta noticia!!

 

http://www.elpais.com/articulo/internet/Nintendo/sustituye/gimnasio/nueva/Wii/Fit/elpeputec/20080220elpepunet_3/Tes

a Nai De SuPeRGLú eSTá De CuMPLe!!!

A mamá de SuPeRGLú está de cumpleanos. Ser nai dunha superheroína non é sinxelo. Dende pequeniña se deu conta de que a súa filla non era normal (comentarios graciosos, non por favor) e de que tiña que ir con coidado. Por exemplo, un día espirrei con tanta forza que escachei un cristal da catedral de Santiago. Ela tuvo que botarlle a culpa a Ronaldinho, que andaba por alí e que quedou con cara de parvo pensando que lle dera coa pelota. E como esa, miles.

 

Así que dende este espazo quero agradecerlle o moito que me ten aturado e a cantidade de veces que tivo que agachar os meus superpoderes. Onte fixemos unha festa e todos os meus amigos estiveron presentes.

 

                   http://superglu.blogspot.es/img/tartamama.jpg                              http://superglu.blogspot.es/img/fiestasuperheroes.jpg

 

Non vos pasa que cando algo sucede o día do voso cumpleanos, faivos ilusión?? A min si, por iso acostumo a mirar o xornal o 24 de abril para ver si por fin se converte nunha data interesante e histórica. O que si vai ser interesante é este 19 de febreiro (e senón miren a noticia que enlazo a continuación). FeLiCiDaDeS SuPeRNai!!!

 

http://www.elpais.com/articulo/internacional/Fidel/Castro/renuncia/presidencia/puesto/comandante/jefe/Cuba/elpepuint/20080219elpepuint_11/Tes

 

CaNTo VaLe o VoTo DuN SuPeRHeRoe??

Canto vale un voto?? Nunca direi que SuPeRGLú xamais caerá na estupidez de vender o seu voto. O que si teño claro e que nunca o venderei por 15'60 euros.

 

http://superglu.blogspot.es/img/cartos.jpg 

 

E que hai cousas que non se poden vender. O peluche con que durme un de pequeno, os primeiros zapatos de tacón, o antifaz que levaches na primeira supermisión para salvar o mundo... non señores, hai cousas que teñen máis valor que 15'60 euros... polo menos valeran "ten disney dollars"!!!!!!

 

http://www.lavozdegalicia.es/especiales2008/elecciones/2008/02/18/00031203334553069125526.htm

 

 

SuPeRGLú CoNTRa o PiTiDo MoSQuiTo!

Como toda superheroína, SuPeRGLú ten unha debilidade. Sei que pensaredes que é unha irresponsabilidade pola miña parte contarvos aquí cal é a única cousa contra a que non podo loitar, pero non vos preocupedes, os villanos do século XXI son todos parvos e non saben ler, así que nunca entrarían no blog dos superheroes.

 

Resulta que un pitido emitido nunha frecuencia de entre 16,5 y 17,5 kiloherzios, cunha potencia de uns 85 decibelios, que se poida percibir a unha distancia máxima de 20 metros, fai que perda o coñecemento. É o que vulgarmente se coñece como Pitido Mosquito, pero ata agora non me daba medo porque non servía para nada. Pero é que ultimamente se comercializa dende a firma de Howard Stapleton, que sacou un aparato que emite o Pitido Mosquito ao prezo de 500 libras (700 euros).

 

http://superglu.blogspot.es/img/mosquito.jpg 

 

E vos diredes... tamén sería mala sorte tropezar cun aparato deses que niguén quere para nada... Pois en todo o mundo se levan vendidos máis de cinco mil unidades. E queredes saber para que?

 

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=3&idNoticia=265093

 

A ver se me podedes axudar, superheroes do mundo enteiro. Os meus poderes están ameazados por un grupo de londinenses, e non atopo unha solución...

 

 

 

 

"CaRiÑo!! CóMPRaMe uN TRaCToR!!!!"

SuPeRGLú quería que SuPeRGéN lle regalara un tractor polo día dos namorados. Estivo botándolle indirectas todo o ano pasado... "quero un tractor, como me gustaría ter un tractor, que guay é ir en tractor...". E nada... que non o entendeu e me regalou un superpoder. Agora podo destrozar paredes e pedras cun raio verde que me sae dos ollos. Bueno, como regalo está ben, pero o que eu quería de verdade era un tractor...

 

http://superglu.blogspot.es/img/cupigarfield.jpg 

 

Supoño que poderei agardar un ano máis polo meu tractor... Sobre todo vendo como está o país (na noticia á que abixo se enlaza). Hai a quen lle entre a présa cando xa non hai présa...

 

http://www.20minutos.es/noticia/347231/0/anciano/bala/guerra/

oS BoS aMiGoS De SuPeRGLú

A primeira superheroina que decidiu modernizar a súa vestimenta e mandarme unha foto do seu novo look e SuPeReVoCHa. O seu poder é o teletransporte. E menos mal que é heroína, porque senón non sei como se ía apañar, posto que é de Ourense, traballa en Madrid e vive en Toledo... SuPeReVoCHa moooolaaaaa!!!

 

Outro dos supercompañeiros é Sabium. Éste é algo máis reservado: de día vive nun zulo a moitos pes de prefundidade e polas noites, a eso das 8, sae as rúas para comprobar que a orde reina en Compostela. Noraboa polo teu traballo Sabium!

 

Superpichu tamén quixo participar. Ela é unha superheroína máis caseira. Semanalmente recorre lugares afastados da man de Deus en Galicia e recolle vídeos que pola noite estuda en casa. Así se asegura que os seus poderes estarán ben empregados. É unha intrepida report... digo... intrepida superheroina! 

 

Máis tarde chegou Supersnorkel! a superheroína que surca os mares para defender aos indefensos calamares dos tiburonciños. Unha vez quedou enganchada nun alga, pero coseu raio de lume water-resit superou o bache. Benvida Supersnorkel!

 

Empregando o seu propio programa creaheroes, está i-MEDIO, o superheroe que loita polos dereitos dos usuarios dos ordenadores e que participou activamenmte nesta páxina nalgunha ocasión amañando as cousas que eu previamente estropeo (son unha superheroína, non unha superinformática). Graciñas i-MEDIO!!!

 

Tamén se quixo apuntar a este blog de superheroes Troy (aínda que o mellor houbera sido chamado superteleñeco). Sempre lle gustou levar camisetas horteras, ten predilección polas camisas con galos bordados, de aí que a súa imaxe sexa así de impactante e colorista! Non cambies nunca Troy!!

 

Isto é un non parar de superheroes que queren compartir o seu segredo connosco! Contamos coa presenza de Superbarbas, un heroe medio portugués que loita polas causas perdidas (é do Dépor). Recibamos cun aplauso a SuperrrrrrrBarbas!!

 

http://superglu.blogspot.es/img/superevocha.jpg  http://superglu.blogspot.es/img/sabium.jpg http://superglu.blogspot.es/img/superpichu.jpg http://superglu.blogspot.es/img/supersnorkel.jpg http://superglu.blogspot.es/img/i-MEDIO.jpg http://superglu.blogspot.es/img/troy.jpg http://superglu.blogspot.es/img/superbarbas.jpg

 

 

uN NoVo SuPeRHeRoe: SuPeRGéN!!

SuPeRGLú ten mozo. Por suposto é outro superheroe, moi alto e forte, como todos os superheroes. O seu nome é SuPeRGéN. E aquí tedes a súa foto, a que é guapetón?? A cousa é que cando el descubriu os superpoderes non tiña un traxe apropiado para facer o ben de incognito. Así que entrei nesta páxina que a continuación vos indico, creei para el este traxe que vedes, e elixín as súas armas e os sus patucos. Animádevos superheroes do mundo. creade a vosa identidade e mandademe a imaxe para que poidamos ser un grupo de superheroes ben grande!! (superglu@live.com

 

http://www.marvelvc.com.br/Hero/

 

http://superglu.blogspot.es/img/supergen.jpg 

 

BoooooLaaaaaaaa!!!!!

http://superglu.blogspot.es/img/bola1.jpg http://superglu.blogspot.es/img/bola2.jpg http://superglu.blogspot.es/img/bola3.jpg http://superglu.blogspot.es/img/bola5.jpg http://superglu.blogspot.es/img/bola6.jpg

 

A ningunha destas imaxes me riefiro eu cando digo que nun par de meses vou estar como unha bola. Esto de marchar á aventura a Madrid implica non ter cartos, e non pagar o gim, así que SuPeRGLú pode cambiar a súa talla nun pis pas.

 

E por si fora pouco, de golpe e porrazo todos os meus recursos alimenticios desaparecen. O colacao light, os iogures de chocolate sen azucar... Como? Non sabedes de que etsou a falar? Pasen e vean...

 

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/02/12/00031202797743372119572.htm

...QueDo DuRMiDiÑa De ToDo...

http://superglu.blogspot.es/img/zzz.jpg Esta mañá espertei as catro da mañá para coller un avión e volver de Madrid. Din que sarna con gusto non pica, pero non é verdade. Eu marchei con moitísimo gusto, pasei un finde perfecto, e agora non podo co corpo. SuPeRGLú non está hoxe preparada para loitar contra o mal e salvar o mundo. Non non...

Pero non son a única. hai xente que durme máis do que durmín eu esta noite, pero é evidente que algo perturba os seus sonos... mirade mirade...

 

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/02/11/00031202718559016538186.htm

o MoDeLo De MuLLeR

O bo de ser SuPeRGLú é que estou delgadisisisisisisisisisima cando visto o meu traxe de traballo. Non é unha característica asociada aos heroes, senón mirade a foto de familia que colguei hoxe neste blog.

http://superglu.blogspot.es/img/familia.jpg 

Tan delgadisisisisisisisisisisisisisisima estou que non me podo identificar con ningún dos tres modelos de mulleres que dende onte própón o ministerio de sanidade. Que por certo, vaia nomes lles buscaron. Penso que houbera sido mellor chamarlle muller 1, muller 2 ou muller 3, posto que non coñezco eu a moita xente que este disposta a autochamarse "muller cilindro" ou "muller campá".

O problema é que non podo ir sempre así vestida, ás veces adopto a miña verdadeira personalidade e entón si que me adapto máis a esa clasificación tan horrenda... Non me gusta nada recordar que eu ás veces tamén son persoa...

 

 

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Sanidad/propone/desterrar/sistema/actual/tallas/ropa/elpepusoc/20080207elpepusoc_5/Tes

...PoRQue NoN oS QueRo...

http://superglu.blogspot.es/img/metro.jpg 

SuPeRGLú marcha da súa terriña e vaise á capital. Non o digo con pena, a verdade é que non. teño moitísimas ganas de estar alí, en Madrid, e de procurar unha nova vida para esta superheroina que sinte que afoga.

uns din que son moi valente, outros que estou toliña de todo... nin unha nin outra. deixo aquí os meus casos porque non os quero, non porque me mova por impulsos. Vou facer algo que me apetece, non algo ao que me obriguen. Alí está a miña porta, e teño que pasar por ela.

 

http://www.metromadrid.es/

PuÑeTeRoS

http://superglu.blogspot.es/img/enfermo.jpg Unha semana ausente. Os virus non respectan a niguén, nin sequera a min. Menos mal que non pasou ningunha cousa rara pola que SuPeRGLú tivera que empregar os seus poderes para salvar o mundo... bueno, si, algunha cousa rara si pasou... unha aventura para algún, segundo o pintan, que para outro é algo cotidiano... os medios as veces son puñeteros, eh?

 

http://www.elpais.com/articulo/espana/Pizarro/apetecia/ver/mercado/elpepuesp/20080201elpepinac_15/Tes

...iMPReSeNTaBLeS...

Prefiro non comentar noticias como esta... sería mellor se todos foramos como mike

http://superglu.blogspot.es/img/mike1.jpg http://superglu.blogspot.es/img/mike2.jpg http://superglu.blogspot.es/img/mike4.jpg http://superglu.blogspot.es/img/mike5.jpg http://superglu.blogspot.es/img/mike6.jpg http://superglu.blogspot.es/img/mike7.jpg http://superglu.blogspot.es/img/mike8.jpg

 

http://www.elpais.com/articulo/internacional/Prodi/presenta/Senado/pedir/voto/confianza/elpepuint/20080124elpepuint_13/Tes

eMPeoRaNDo...

Arghhhhhhh!!! SuPeRGLú está indignada!!

http://superglu.blogspot.es/img/maf.jpg Xa non soporto ler xornais que falan dos peinados de Letizia, das heroicidades de Fernando Alonso, ou dos problemas persoais de Gallardón. Porque non me importan! ningunha desas cousas fai que durma mellor ou peor, non me afectan, non me interesan. E as únicas cousas que considero curiosas, son deprimentes... que lle pasa a este mundo? que significa esta noticia?

 

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/01/22/0003_6500490.htm

o CHuNGóMeTRo, MeDiDoR De CouSaS CHuNGaS

Os disgustos sirven para dúas cousas. A primeira é para darnos conta de que grandes ou pequenos, chegan en momentos inesperados, e sempre a horas inapropiadas. Nunca hai un bo momento para recibir un golpe, e de feito, o elexido sempre é o peor.

Pero tamén nos vale para autoclasificarnos. O día a día, e as bágoas que soltamos ante as pelis dos sábados pola tarde, non son un bo medidor. O termómetro da fortaleza, só aparece en momentos puntuais, ante problemas graves, e problemas pequenos.

Xa vos adianto, que SuPeRGLú é unha heroína, e que está moi orgullosa de como afronta as súas cousas. Menos mal que está orgullosa de algo...

Os que tamén han de estar orgullosos son os responsabls do Rosalía... que alegría!

 

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idEdicion=766&idMenu=46&idNoticia=254535

 

http://superglu.blogspot.es/img/labanda.jpg 

...aBRaiaDa...

Xa sei que non estou inventando eu as críticas ás chapuzas galegas. Pero poida que si sexa eu a que máis se sorprende... a xente que pouco civilizada é meu deus!!

 

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/01/18/00031200643346869373593.htm

 

un saúdo a xente normal... SuPeRGLú queda sen poderes ante tanta barbaridade...

 

http://superglu.blogspot.es/img/donal.gif 

a aNáLiSe aNTiCiPaDa

De nada vale que SuPeRGLú opine agora que Gallardón non é un animal político, nin que non lle parece honrado... non me gustaría ter nas filas dun hipotético partido que nunca dirixirei a un tipo que deixa alimentar o rumores só para que o sitúen na parte máis moderada de todo o sistema que o rodea. sexa o que sexa, opinemos o que opinemos, a análise final xa está feita:

 

http://www.elpais.com/articulo/opinion/Rajoy/acobarda/elpepuopi/20080116elpepiopi_1/Tes

 

http://superglu.blogspot.es/img/urna.jpg 

PoBRe PoRQuiÑo

Ás veces levamos disgustos inesperados. E cando son inesperados, son máis grandes. E cando son grandes queremos morrer. SuPeRGLú levou un disgusto hai un par de días... e por iso non quixen escribir, porque me esquecín temporalmente de como se pensa.

Para quitarme o disgusto do día, nada mellor que ler os xornais ue tantas alegrías me dan ultimamente... http://superglu.blogspot.es/img/cerdicla.jpg

 

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=4&idNoticia=252889

 

a alta curia ten moito morro. e por riba haberá que non o probe. quen non fai o parvo é porque non se lle ocorre.

CaNTaaaaaaaaaaaaaa!!!!

http://superglu.blogspot.es/img/sally.jpg O anuncio do Ibiza, o da canción de Shakira ese no que berrean todos mentres conducen, é totalmente real. Polo menos no meu caso, que xa non é a primeira vez que tras estar un ratiño parada nun semáforo, noto as risas dos ocupantes do coche do lado, que no poden evitar mofarse de min o verme cantar e bailar soa no meu asento.

 

Ademais, teño a estúpida manía de encapricharme coas cancións. Cando algunha me gusta, ou toca algún deses botóns dos sentimentos, entro no bólido-carraca, a programo e fago que se repita unha e outra vez, toda a viaxe, vaia de Santiago ao Milladoiro ou de Vigo a París. Todo o rato escoitando o mesmo, ata que pasados uns meses, a esquezo, e me entra a tirria con outra.

 

Dende hai un par de meses hai un tema que non me podo sacar da cabeza e co que xa recorrín mil quilómetros como piloto. É How to save a life, de The Fray, e que forma parte da B.S.O da serie de Cuatro Grey's Anatomy. Deixoo aquí por se alguén entra por erro algunha vez nesta páxina e o quere escoitar. Se a primeira impresión fora boa, poñédea no coche, subídelle o volume, e cantade con forza. Xa veredes que boa terapia de felicidade.

 

 

http://www.youtube.com/watch?v=BKxnJ5iyC-w

 

o ReMeDio

http://superglu.blogspot.es/img/vaca.gif Para aqueles que están estresados, aí vai a solución recomendada por SuPeRGLú

 

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/01/09/00031199890496519691975.htm

 

Para min penso que non é suficiente, pois ás veces sinto que afogo e que os teitos das casas me caen enriba. E os teitos do ceo tamén, coma a Astérix. Son estes os únicos días nos que non me apatece de todo escribir, e o que busco é ler. E mirade o que dicía o tío de Espe Aguirre:

 

Imagínate ahora que tú y yo

muy tarde ya en la noche

hablemos de hombre a hombre, finalmente.

Imagínatelo,

en una de esas noches memorables

de rara comunión, con la botella

medio vacía, los ceniceros sucios,

y después de agotado el tema de la vida.

Que te voy a enseñar un corazón,

un corazón infiel,

Desnudo de cintura para abajo,

Hipócrita lector - mon semblable - mon frère!

 

Porque no es la impaciencia del buscador de orgasmo

quien me tira del cuerpo hacia otros cuerpos

a ser posible jóvenes:

Yo persigo también el dulce amor,

el tierno amor para dormir al lado

y que alegre mi cama al despertarse,

cercano como un pájaro.

¡Si yo no puedo desnudarme nunca,

si jamás he podido entrar en unos brazos

sin sentir -aunque sea nada más que un momento-

igual deslumbramiento que a los veinte años!.

  

Para saber de amor, para aprenderle,

haber estado solo es necesario.

Y es necesario en cuatrocientas noches

- con cuatrocientos cuerpos diferentes -

haber hecho el amor. Que sus misterios,

como dijo el poeta, son del alma,

pero un cuerpo es el libro en que se leen.

 

(Pandémica y Celeste, Jaime Gil de Biedma)

QueN é SuPeRGLú??

http://superglu.blogspot.es/img/SuPeRGLu.jpg Pois aquí estamos. Escribindo no traballo ás agachadas, escapando entre informe e informe para poder presentarme. Eu son SuPeRGLú, unha super heroína. Pero non desas que ten poderes e que salva mundos. Non teño unha incrible forza, nin son super rápida, nin super nada. Simplemente sobrevivo, coma casi todos.

O meu nome xurdiu dunha historia mexicana que lin na prensa hai dous días. Un neno de dez anos, Diego, canso de facer sempre o mesmo, colleu un bote de Superglue3 e pegou as súas mans a cama para poder durmir todo o día e non ter que aturar a ninguén.

 

Pareceume tan xenial... comecei a pensar no perfecto que sería estar un par de días pegada á cama e desexei con todas as miñas forzas ter o super poder de desaparecer de cando en vez deste mundo. E así naceu SuPeRGLú.

 

Unha super heroína que en vez de afrontar os problemas loita por escapar deles.

 

 

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/01/07/00031199733381978509836.htm

 

Albergado en:blogspot.es

Noticias: Noticias

Un servicio de HispaVista

Contador gratis contadorplus.com